Novas 2019

ASOCIACION

08 Xu˜ 2019

Luz verde á nova tempada

Luz verde á nova tempada

A Asemblea aprobou incluír o procedemento de saída mediante semáforos na Eusko Label Liga e na Liga Euskotren

O Aquarium de San Sebastián foi o lugar escollido polos socios da ACT para reunírense na terceira sesión asemblearia do ano. Cómpre salientar que esta foi a derradeira Asemblea antes de que dea comezo a tempada da Eusko Label Liga no vindeiro 22 de xuño en Bilbao.

Entre os puntos tratados na xornada de hoxe salienta a aprobación do novo procedemento de saídas para ambas competicións organizadas pola Asociación, polo que a partir da primeira xornada da Eusko Label Liga e durante toda a tempada contaremos coa presenza desta nova tecnoloxía.

Unha vez concluída a Asemblea os socios foron todos xuntos xantaren á Sociedad Gastronómica Ur Kirolak, situada na zona vella da capital guipuscoana.

Voltar