Novas 2014
ESPECIAL
28 Mai 2014
As traiñeiriñas, un bo complemento para verán
Á espera de que se inicie a Liga San Miguel, os equipos avanzan na súa preparación coas traiñeiriñas
A tempada competitiva dun remeiro non se resume en apenas tres meses de competición na procura da Corona 'la Caixa'. Esta é a parte visíbel do traballo dos remeiros, pero durante o ano existen diferentes regatas e liguiñas ás que asisten os equipos que compiten na Liga San Miguel. De todo isto falounos Mikel Orbañanos, técnico de Hondarribia Orsa. Á espera de que comece a tempada estival, os diferentes equipos adestran e prepáranse fisicamente participando na traiñeiriñas que se disputa nos meses previos ao verán.
A traiñeiriña é unha embarcación máis pequena que a traíña na que compiten seis remeiros e o seu correspondiente patrón. Para o técnico da 'Ama Guadalupekoa' competir neste tipo de embarcación é "fisicamente máis duro e esixente tecnicamente", xa que ao estar composta por menos deportistas, o efecto de cada un é maior sobre a embarcación. Esta liguiña é moi útil para os remeiros, xa que constitúe unha parte importante da pretempada e axuda á preparación física dos mesmos.