Novas 2018
ESPECIAL
29 Xu˜ 2018
Nova fin de semana, máis segundos de adrenalina
Portugalete e Zierbena serán testemuñas da segunda e terceira proba da Eusko Label Liga, así como do playoff de acceso á Liga Euskotren
Chega unha nova fin de semana, e con ela dous novos encontros da Eusko Label Liga cargadas de segundos de adrenalina. Todo apunta que vai ser unha fin de semana intensa, xa que para alén de se pór en xogo sábado a XVII Bandeira Concello de Sestao e domingo a XXXV Bandeira Petronor, tamén se desputará o playoff de acceso á Liga Euskotren, onde ademais de tentaren conseguir unha das catro prezadas prazas na elite do remo feminino, as traiñeiras femininas loitarán por levaren a Bandeira Concello de Sestao no sábado e a III Bandeira Petronor no domingo.
A xornada do sábado, como vén sendo habitual, encetará ás 18:00 horas en augas de Portugalete co playoff de acceso para a Liga Euskotren. Neste encontro estarán presentes un total de 12 embarcacións que sairán de minuto en minuto tendo que cubrir unha distancia de dous longos. Inmediatamente despois da competición feminina, darase o bandeirazo de saída á segunda xornada da Eusko Label Liga. Sendo isto así, na primeira quenda remarán Kaiku Producha, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e San Pedro. Na segunda quenda farano Ondarroa Cikautxo, Cabo, Orio Babyauto e Donostiarra. E na quenda de honra loitarán Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribiae o campión da pasada campaña e tamén do pasado encontro twitter.com/Urdaibai_Arraun. Cómpre salientar que de toda a historia desta bandeira, o tempo máis rápido marcouno Astillero no ano 2010 con un rexistro de 19’04”13.
Con respecto da categoría feminina, ademais de se pór en xogo a Bandeira Concello de Sestao, como adiantabamos, tamén se desputará a primeira xornada do playoff de acceso en formato contra o reloxo. As traiñeiras que loitarán por unha das prezadas catro prazas da Liga Euskotren serán A Pobra – Cabo, Deusto Tecuni Bilbao, Gu Arraun, Donostiarra, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Hibaika Jamones Ancin, Hondarribia Bertako Igogailuak, Kaiku Producha, Cikautxo Lea Artibai, Orio Babyauto, Tolosaldea e a vixente campioa, San Juan Iberdrola.
No domingo, a xornada comezará ás 11.45 horas coa regata feminina na loita pola III Bandeira Petronor e co segundo encontro do playoff. Sen dúbida será un día moi especial, xa que así que remate a regata, saberase que catro clubs formarán parte desta nova Liga Euskotren. Se botamos unha ollada atrás, poderemos observar que na pasada tempada e máis na do ano 2014, as dúas únicas edicións en que se desputou xornada feminina, a cor rosa tinxiu as augas de Zierbena. E se no 2016 lograban un 10’41”20 que lles garatía levaren a xornada para a casa, no 2014 pararon o crono en 10’29”54.
Logo da proba feminina, dará comezo o terceiro encontro do calendario da Eusko Label Liga, onde se porá en xogo a XXXV Bandeira Petronor. A traiñeira máis rápida da historia desta bandeira foi Urdaibai Avia no ano 2014, marcando un tempo de 19’24”42. Ademais, este club tamén foi quen obtivo a bandeira na pasada campaña. Outro dato a ter en conta deste encontro é que, no histórico de gañadores, a embarcación que máis veces gañou a Bandeira Petronor foi a ‘Libia’ de San Pedro, logrando en nove ocasións o ‘trapo’ galipo. Do 1987 a 1993 foi dono e señor desta proba, impóndose sete veces consecutivas.
Tendo toda esta información en conta, todo apunta cara un unha fin de semana moi emocionante, igualitaria e cargada de segundos de adrenalina onde o remo voltará ser o protagonista.