Novas 2019

ESPECIAL

03 Xul 2019

Fin de semana intensa na Coruña

Fin de semana intensa na Coruña

A cidade galega recibe esta fin de semana a elite do remo para desputar a dobre xornada da Bandeira Cidade da Coruña

Chegou xullo, onde os clubs da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren deberán enfrontar a súa particular Tourmalet, encadeando semana a semana as regatas das súas respectivas ligas até chegar ao paro da primeira fin de semana de agosto. A Coruña é a seguinte estación para os 16 clubs que integran as ligas masculina e feminina, con motivo da desputa da III Bandeira Cidade da Coruña da Eusko Label Liga e a II Bandeira Cidade da Coruña no caso da Liga Euskotren.

ido xa nun dos encontros fixos do calendario, a dobre xornada da capital coruñesa atraerá esta fin de semana as olladas de todos os afeccionados do remo co impresionante espectáculo do que se poderá gozar tanto no sábado como no domingo na Enseada do Orzán.

O encontro do sábado terá lugar a partir das 18.00 horas coa desputa da primeira das dúas xornadas para ambas as dúas competicións, o que permitirá ver a adaptación das embarcacións ás augas da praia de Riazor. A composición das quendas para este primeiro asalto vén determinado pola clasificación xeral da Eusko Label Liga, tendo a Astillero Repsol Electricidad y Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo na primeira quenda. Kaiku, Cabo, Urdaibai Avia e Donostiarra loitarán na segunda quenda; e Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto serán os encargados de remaren na quenda de honra.

Xa no domingo, a partir das 11.40 horas, os clubs da Liga Euskotren e da Eusko Label Liga voltarán encontrarse no mesmo lugar para desputaren a segunda xornada da Bandeira Cidade da Coruña, onde coñeceremos o desenlace e os vencedores desta primeira fin de semana en terras galegas. Cómpre salientar que o vencedor de ambas bandeiras será a tripulación co mellor tempo acumulado logo da desputa das dúas xornadas.

Con todo, esta mañá realizouse o acto de presentación desta dobre xornada de remo no Concello da Coruña. O acto estivo dirixido por XXXXX, Concelleiro de Deportes do Concello da Coruña; Lanzada Calatayud, Xerente do Consorcio de Turismo da Coruña; e Mario Vidal, Directivo da ACT.

Os números aválano


Logo da desputa da II Bandeira Cidade da Coruña o pasado verán, un estudo realizado polo Observatorio de Turismo do Concello da Coruña concluiu que a dobre xornada da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren obtivo un impacto económico directo na Coruña de 1.050.000 euros, quintuplicando a cifra acadada na primeira edición. Neste estudo concluiuse tamén que o evento é unha plataforma moi positiva para atraer visitas e promocionar a cidade.

Voltar