Novas 2017
ESPECIAL
13 Feb 2017
Hondarribia e Cabo, grandes protagonistas
Na competición feminina, Hibaika Jamones Ancín levou a vitoria no Oria, mentres que Cabo fixo o propio no encontro celebrado nas súas augas
Orio acolleu o sábado pola tarde un dos grandes encontros da tempada invernal. Até a localidade guipuscoana desprazáronse un total de 78 embarcacións para pór a proba os motores de cara o verán. Neste escenario, a ‘Ama Gudalupekoa’ de Hondarribia voltou demostrar a súa cilindrada e levou a Babyauto Ikurriña con un tempo de 19’18”40, con unha vantaxe de 14 segundos sobre a embarcación local de Orio Babyauto. Pola súa banda, Urdaibai Avia parou o crono en 19’36”08, mentres que Kaiku Producha foi cuarto a 22 segundos dos hondarribiarras. A ‘Libia’ de San Pedro foi sexta a algo máis de medio minuto, mentres que Ondarroa entrou 45 segundos despois. San Juan Iberdrola completou a clasificación de aspirantes á Coroa CaixaBank, cedendo 55” frente o gañador.
Se no encontro masculino Hondarribia gañou con autoridade, Hibaika Jamones Ancín impúxose na competición feminina con un tempo de 14’17”34. Aínda que neste caso a renda frente á segunda clasificada foi moito máis axustada. Tan axustada que a vixente campioa da Liga Euskotren, a ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola, ficou a escasas catro décimas do ‘trapo’, mentres que Orio Babyauto foi terceira a 11 segundos da ‘Madalen’. Unha ‘Madalen’, cómpre sinalar, que luciu un crespón negro na memoria de Sabino Etxabeguren e polo cal tamén se gardou un minuto de silencio ao finalizar a regata.
Dobre vitoria para Cabo na casa
Por outra banda, vitoria para Cabo na contra o reloxo desputada onte nas súas augas, onde parou o crono en 20’37”48, e sacando 20 segundos de vantaxe a Mecos, segundo clasificado. A terceira posición foi para Samertolameu e a cuarta para Ares, con un tempo de 21’09”57 e 21’10”29 respectivamente. Tirán Pereira, pola súa banda, fíxose co quinto lugar con un tempo de 21’12”79. En mulleres a vitoria foi para Cabo con 25’55”, mentres que Chapela ficou segunda a cinco segundos.
Foto: CRO Orio AE