Novas 2017
ESPECIAL
11 Xan 2017
Moitas grazas San Miguel!
Tras 11 tempadas e máis de 200 regatas de apoio incondicional da cervexeira, a competición masculina deixará de se denominar Liga San Miguel, ainda a marca seguirá ligado á competición
Un 8 de xullo de 2006, en augas de Ribeira, comezaba a navegar un novo nome pola costa cantábrica e atlántica. Un nome que levou dende aquela as nosas traiñeiras a competiren durante máis de 200 regatas nas últimas 11 tempadas, surcando augas descoñecidas até o momento, como as de Barcelona ou Málaga. Referímonos á Liga San Miguel, unha competición que experimentou un crecemento exponencial dende a súa creación grazas, en boa medida, a unha das empresas que máis fiel se amosou no mundo do patrocinio deportivo, como é Mahou-San Miguel. A súa experiencia e a súa vontade de explorar e navegar foron parte fundamental para que hoxe a máxima competición de traiñeiras sexa unha realidade e poida equipararse a outros grandes eventos deportivos.
11 tempadas de navegación conxunta que nos levou moi lonxe. É momento agora de seguir co rumbo fixo e remando na mesma dirección, aínda que neste caso será de outro xeito. A ACT entra nunha nova fase e a competición masculina deixará de se denominar Liga San Miguel. Isto non quere dicir que a relación entre a ACT e San Miguel remate, xa que a cervexeira seguirá ligada ao mundo das traiñeiras durante, polo menos, as vindeiras tres campañas.
É por isto todo, que na ACT nos unimos todos coa mesma mensaxe:
¡Gracias San Miguel!
Eskerrik asko San Miguel
Moitas grazas San Miguel!