Novas 2015
COMPETICION
24 Feb 2015
Non hai dous sen tres para Sanxenxo
A localidade pontevedresa voltará ser sede o vindeiro 4 de xullo dunha xornada da Liga San Miguel coa disputa da III Bandeira Nauta Sanxenxo
Sanxenxo, por terceiro ano consecutivo, voltará formar parte do calendario da Liga San Miguel coa disputa da III Bandeira Nauta Sanxenxo o vindeiro 4 de xullo, servindo este encontro como punto de partida da andaina en augas galegas. Así, a localidade pontevredesa, sendo en verán un dos referente turísticos galegos, gozará no verán do mellor espectáculo do remo coas 12 mellores traíñas do momento.
Pola súa banda, a concelleira de deportes de Sanxenxo, María Isabel González, sinalou que “é unha oportunidade única” poder ser a sede dunha das xornadas da Liga San Miguel, ademais de valorar “moi positivamente” a repercusión que tiveron as dúas edicións anteriores. Tamén fai referencia ao feito de que o inicio das regatas en Galiza, teña como bandeirazo de saída Sanxenxo. “Queremos ser o escaparte da Liga San Miguel en Galiza, ademais de facer ver a todo o mundo que Galiza apoia o mundo do remo”, comenta González. De cara o futuro, non marca límites e sinala que a intención é que se sigan celebrando nos vindeiros anos regatas en Sanxenxo “por tempo ilimitado”.