Novas 2023
COMPETICION
26 Mar 2023
Un calendario histórico
Os socios da ACT aprobaron na Asemblea de onte o calendario para este verán. A Liga Eusko Label consolídase en 20 xornadas e a Liga Eusko Tren estrea 14 xornadas, con oito participantes, para alén das dúas xornadas de playoffs de ambas competicións.
O día 1 de xullo é cando comezarán as tempadas en ambas competicións grazas á desputa da Bandeira Cidade da Coruña. A baía do Orzán será o escenario para a estrea de ambas competicións, tal como se fixo nas tempada 2020 e 2021, cando se desputaron as dúas primeiras xornadas en augas da Coruña.
A novidade desta tempada, serán as catro xornadas que desputarán as traiñeiras da Liga Euskotren en augas galegas. Tras das dúas xornadas inaugurais na Coruña, na segunda semana de agosto repetiranse regatas en Galiza, coa desputa das Bandeiras de Moaña e de Boiro.
Logo do segundo fin de semana en augas galegas, a competición feminina concluirá coa Zarauzko Ikurriña o día 20 de agosto, e é cando se coñecerá a gañadora do Trofeo Euskotren. A competición masculina, entretanto, finalizará o 17 de setembro coa desputa da Bandeira El Corte Inglés – Concello de Portugalete, e a entrega da Coroa CaixaBank.