Novas 2020
ENTREVISTAS
23 Xu˜ 2020
Filosofía de competirmos en todo canto poidamos
Juan Zunzunegui comeza unha tempada máis á frente de Zierbena Bahías de Bizkaia na que quere seguir ollando para cima
Este ano, a competencia na auga promete ser máis dura que nunca e un dos equipos que máis e mellor está a competir é Zierbena Bahías de Bizkaia. O seu adestrador, Juan Zunzunegui afronta este verán a súa sétima tempada ao mando do club ‘galipo’. Un ano no que os equipos viviron “unha pretempada atípica”, na que antes do confinto o club biscaíno traballaba “na liña do que agardabamos”.
O plantel de Zierbena Bahías de Bizkaia mudou con respecto ao ano pasado “á procura de xente que estivese perto”, o que axuda a que no inverno se poida traballar mellor. As incorporacións “acopláronse ben” á filosofía que o adestrador vigués implementa no club. No que respecta á competición, Zunzunegui ten claro que os seus deben “manterse na pelexa”.
En canto aos seus rivais, Zunzunegui toma como punto de partida a clasificación xeral final da tempada pasada, depois o mar porá a cada quen no seu verdadeiro lugar.