Novas 2018
ESPECIAL
12 Xul 2018
Os castellers dan altura á Eusko Label Liga
Os Castellers de Vilafranca ofrecerán este sábado unha actuación na Fan Zone da Eusko Label Liga con ‘Castell de 9’
A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren contarán esta fin de semana con unha dobre parada en augas de Donostia e de Castro Urdiales. E precisamente na parada do sábado, no Paseo Novo donostiarra vivirase un acto moi especial así que remate a XI Bandeira Donostiarra Kaiarriba - Amenabar. A Colla de Castellers de Vilafranca levantará na Fan Zone da Eusko Label Liga un ‘Castell de 9’, algo que até hoxe apenas se ten feito en contadas ocasións fóra de Catalunya.
Unha actividade excepcional e que chega da man da que está considerada a mellor colla castellera do momento, os Castellers de Vilafranca. E é que os do Penedés lograron nos seus 70 anos de historia erguerse en 11 ocasións co concurso de Castells que cada dous anos reúne as mellores collas do momento. É máis, nestes momentos ‘els verds’ están metidos de cheo en plena preparación deste concurso que terá lugar en outubro en Tarragona e ao que acoden como un dos favoritos.
Sen dúbida é unha actividade diferente da que se poderá gozar este sábado a partir das 20.00 horas aproximadamente no Paseo Novo donostiarra e que traerá á Eusko Label Liga unha das tradicións máis arraigadas de Catalunya. Vén e goza deste ‘castell de 9’!