Novas 2022
COMPETICION
09 Xul 2022
Orio Orialki sae con vantaxe da 1ª xornada da V. Bandeira Cidade da Coruña
As oriotarras cruzaron a meta con 9 segundos de renda sobre Donostia Arraun Lagunak
Orio Orialki suma a súa segunda vitoria da tempada na 1ª xornada da V. Bandeira Cidade da Coruña con 9 segundos de diferenza sobre Donostia Arraun Lagunak. As patroneadas por Nadeth Agirre terán que defender estes segundos de renda na 2ª xornada de mañá domingo na loita pola bandeira en augas da Coruña. Por detrás, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 chegaba á meta perdendo 11 segundos e Tolosaldea 14.
Deste xeito, as aguiluchas colócanse no máis alto da táboa da Liga EuskoTren con 11 puntos frente os 10 de Arraun Lagunak. Pola súa banda, Donostiarra acada os 6 puntos e Tolosaldea pecha a xeral con 3 tantos.
Urdaibai golpea primeiro
A Bou Bizkaia foi a mellor nesta primeira xornada da VI. Bandeira Cidade da Coruña por diante de Orio Orialki, Matrix Hondarribia e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. Esta quenda de honra arrincou con moita igualdade entre as catro embarcacións até as primeiras padas do segundo longo, cando os patroneados por Gorka Aranberri mudaron o ritmo para colleren uns metros de vantaxe que acabaron por ser determinantes no devir da regata.
Con este triunfo en augas de Riazor, Urdaibai mantén a 4ª praza na xeral da Liga Eusko Label con 30 puntos. Pola súa banda, Orio Orialki consegue superar a Donostiarra na xeral e veste o maillote de líder con 32 puntos, os mesmos que a embarcación da capital vasca. A Ama Guadalupekoa tamén mantén a terceira praza da xeral con 30 puntos.