Novas 2022
COMPETICION
08 Xul 2022
A Coruña acollerá o mellor remo de banco fixo
A baía do Orzán será o escenario da dobre xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren
A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren enfrontan o seu segundo fin de semana de competición coa desputa da terceira e cuarta xornada dos seus calendarios. A baía do Orzán será o escenario onde as catro traiñeiras da Liga Euskotren competirán pola V Bandeira Cidade da Coruña, mentres que as doce traiñeiras masculinas farán o mesmo coa VI Bandeira Cidade da Coruña.
Esta mañá presentáronse as dúas Bandeiras que se entregarán o domingo. No acto, que decorreu no Salón Real do Concello da Coruña estiveron presentes a alcaldesa do Concello, Inés Rey, o Concelleiro de Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Borrego e o Presidente da ACT, Borja Rodrigo.
Inés Rey subliñou a importancia de esta cita, "porque é un gran aliciente deportivo para A Coruña e, á súa vez, un magnífico atractivo a nivel turístico, que garantiza un retorno económico directo á cidade". Ademais, a rexedora puxo en valor a capacidade da cidade "para acoller, ano tras ano, grandes eventos de competicións deportivas".
Borja Rodrigo, presidente da Asociación de Clubes de Traineras (ACT), destacou "o prestixio que supón visitar unha cidade como A Coruña, máis se cabe nunha tempada coa actividade social e cultural tan activa como é o verán". Por outra banda, Rodrigo puxo en valor as condicións deportivas da cidade de cara ás probas desta fin de semana, "co campo-regata que permite a enseada do Orzán, que xá é un referente e moi respetado polos remeiros, polo seu mar e vento".
BANDEIRA A DOBRE XORNADA
A xornada do sábado comezará ás 18:00, cando as catro tripulacións da Liga Euskotren competirán na primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña. A continuación, será a vez das tripulacións masculinas, onde estará en xogo a VI Bandeira Cidade da Coruña.
Xa no domingo, a xornada iniciará ás 11:40 horas coa desputa da segunda e definitiva xornada da V Bandeira Cidade da Coruña da Liga Euskotren. Logo da celebración da vitoria do equipo da Liga Euskotren, será a vez dos equipos da Liga Eusko Label, onde se decidirá o gañador da terceira Bandeira da tempada. En ambos casos, a suma dos tempos das dúas xornadas decidirá a clasificación da bandeira.