Novas 2015
ESPECIAL
04 Xu˜ 2015
O ouro líquido chega ao Liga San Miguel
Con este acordo de colaboración, a empresa aceiteira únese á caravana da Liga San Miguel
A falta de menos dun mes para que os participantes da Liga San Miguel solten estachas, a ACT segue xuntando forzas no camiño. Desta vez, Koipe súmase e aportará todo o seu sabor para que as 12 traíñas dean a súa mellor versión durante as 19 xornadas da competición estival. Con este acordo de colaboración, a empresa aceiteira únese á caravana da Liga San Miguel que percorrerá toda a cornixa cantábrica e atlántica nos tres meses que dura esta emocionante competición. Para isto, Koipe organizará distintas actividades no village e ofrecerá os seus produtos aos afeccionados que se acheguen a desfrutar das regatas.
Koipe é unha das marcas líderes en aceite de oliva en España e pertence a Deoleo, líder mundial en comercialización de aceite de oliva envasado, con primeiras marcas en todos os mercados nos que opera, como Koipe e Carbonell e as italianas Carapelli, Sasso e Bertollli.
Deste xeito, esta mañá nas oficinas da ACT procedeuse ao acto de asinatura do acordo de colaboración, até onde se achegaron Celestino Martín del Barrio, director territorial de Koipe, e Pedro Andueza, presidente da ACT. O máximo responsábel da Asociación quixo agradecer o apoio recibido por parte da empresa aceiteira. "Con este acordo confírmase que o mundo do remo está en auxe e que a nosa competición, a Liga San Miguel, é cada vez máis atractiva. E é que, que unha empresa deste renome e con tanta historia como Koipe decida colaborar connosco, é un motivo de satisfacción”, sinala Andueza. "Tentaremos devolver toda a confianza depositada, ofrecendo o que demostramos que podemos ofrecer verán tras verán: o mellor espectáculo de traiñeiras", conclúe o presidente da ACT.
Da súa banda, o responsábel territorial de Koipe, Celestino Martín del Barrio, salientou que "este acordo é froito do compromiso da marca co seu entorno, xa que Koipe forma parte da cultura e da vida desta zona desde as suas orixes".