Novas 2015
ASOCIACION
07 Mai 2015
Zarautz segue remando coa Liga San Miguel
O Concello da localidade guipuscoana e a ACT ampliaron o acordo que tiñan para que a cidade siga acollendo o clásico dobre encontro
Zarautz volverá lucir este ano a súa mellor versión na Liga San Miguel, o que é calificado por moitos como un dos encontros chave da tempada, volverá estar presente no calendario das mellores traiñeiras do Cantábrico coa súa característica dobre xornada o 15 e 16 de agosto. Un acordo que perdura desde a primeira tempada da ACT e que a día de hoxe se volve refrendar, polo que toda a afición poderá gozar deste magnifico encontro en augas zarauztarras na que vai ser a decimoterceira edición en que esta regata se dispute dentro do calendario da Liga San Miguel.
No acto de asinatura do acordo estiveron Juan Luis Illarramendi, alcalde de Zarautz, e Pedro Andueza, presidente da ACT. Illarramendi califica esta regata como “moi importante para a cidade, xa que atrae moita xente da contorna e dá un punto de calidade ao verán”. O alcalde zarauztarra tamén quixo agradecer á ACT o esforzo que fixo para que “este encontro siga dentro do calendario da Liga San Miguel”. Pola súa banda, Pedro Andueza, tamén quixo agradecer a predisposición e esforzo do consistorio zarauztarra para que este encontro incomparábel siga celebrándose ano a ano.