Novas 2014

COMPETICION

25 Mar 2014

Non perdas ningunha das 19 regatas da tempada

Non perdas ningunha das 19 regatas da tempada

Consulta o calendario que completarán este verán tanto os equipos da Liga San Miguel como os da Liga Euskotren

A Liga San Miguel xa ten perfilado o seu calendario para a presente tempada no cal haberá un total de 19 regatas. A primeira xornada será en Barcelona o 29 de xuño coa disputa da II Bandeira Euskadi Basque Country. Na fin de semana do 5 e 6 de xullo a competición trasladarase a augas galegas coa disputa o sábado da II Bandeira Nauta Sanxenxo, mentres que a regata do domingo aínda está por confirmar. Pedreña e Donostia serán as sedes da cuarta e quinta xornada o 12 e 13 de xullo coa IX Bandeira Marina de Cudeyo e III Bandeira Eusko Label. Estas dúas regatas tamén serán as que abran a Liga Euskotren. O 19 e 20 de xullo San Pedro e Orio, coa Orioko Estropadak completará unha fin de semana na que a liga feminina tamén terá dobre cita. Para rematar o mes de xullo, o día 26 Getxo será outro ano máis testemuña dunha xornada da Liga San Miguel coa Getxoko Ikurrina e ao día seguinte Zierbena albergará a XXXI edición da Bandeira Petronor antes do parón do Campionato de España. Estas dúas citas tamén serán puntuábeis para as tripulacións da Liga Euskotren

O 9 e 10 de agosto a competición trasladase a Galiza coa XXXI Bandeira Concello de Moaña o sábado e a XXIV Bandeira Concello de Boiro o domingo. O 16 e 17 de agosto chegará o turno para outro dos clásicos da Liga San Miguel, as regatas de Zarautz, que tamén servirán para pór o peche á Liga Euskotren. Laredo e Hondarribia acollerán a XIV e XV xornada, o 30 de agosto celebrarase a XXXIII Bandeira Noble Villa de Portugalete e ao día seguinte a competición volverá a Bilbao. Despois do segundo e derradeiro parón, con motivo esta vez da Bandeira da Concha, a Liga San Miguel terá o seu último fin de semana de competición que servirá tamén como playoff de ascenso. Bermeo o sábado 20 de setembro e a XL edición da Bandeira El Corte Inglés o 21 de setembro porán o punto e final a unha duodécima edición da Liga San Miguel que se prevé moi igualada.

Voltar