Novas 2016

COMPETICION

14 Set 2016

A antesala da culminación

A antesala da culminación

A XXXIV. Bermeo Hiriko Bandeira porase en xogo este sábado a partir das 18.00 horas, servindo tamén para dar comezo ao playoff

Bermeo acollerá este sábado a Bermeo Hiriko XXXIV. Bandeira, correspondente á décimo oitava xornada da Liga San Miguel, que se porá en xogo a partir das 18.00 horas. A localidade biscaína recibirá a Liga San Miguel para desputar unha nova xornada de regatas chea de emoción xa que a traiñeira local, Urdaibai Avia, e NT2 Hondarribia están separadas por apenas dous puntos na batalla pola Coroa CaixaBank. Un encontro que se vai desputar nunha distancia de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, coas balizas interiores situadas frente o espigón de Bermeo.

A composición de quendas para esta regata farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda estarán Cabo, Astillero, Tirán Pereira e Orio Babyauto. Mentres que na quenda de honra mediranse San Juan Iberdrola, Kaiku Producha, NT2 Hondarribia e a embarcación local, Urdaibai Avia. Antes de se pór en xogo a loita pola bandeira, desputarase o primeiro asalto do playoff de ascenso onde CR Ares, Ondarroa AE, Kaiarriba AE e Portugalete Eulen buscarán un bo rexistro na primeira contra o reloxo das dúas que terán que completar na fin de semana, un dos dous billetes que darán dereito a remar na máxima categoría na vindeira campaña.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XXXIV. Bermeo Hiriko Bandera e nela estiveron presentes o presidente de Urdaibai Avia, Agustín Aranburu, e a concelleira de deportes de Bermeo, Irune Ormaetxea. Ambos quixeron facer un chamamento á afección e anunciaron que, debido ás obras que se están a desenvolver no espigón, o acceso a este permanecerá pechado e están a traballar por reubicar a todos os afeccionados nun punto próximo que confirmarán decontado.

Voltar