Novas 2014

ESPECIAL

16 Set 2014

Catro aspirantes para un posto

Catro aspirantes para un posto

Dúas tripulacións galegas e dúas guipuscoanas pugnarán en Bermeo e Portugalete por se facer co ascenso á Liga San Miguel

O playoff de ascenso á Liga San Miguel chega este ano con catro traíñas que pelexarán por se facer co posto deixado por Pedreña. Até Bermeo e Portugalete chegarán os campións da LGT A e a ARC-1 , Samertolameu Rodman Group e Getaria Indaux Viveros San Anton. A estes, ademais acompañaranos os segundos clasificados de ditas competicións, Amegrove e Zumaiako Telmo Deun AKE. Os adestradores coinciden en que a igualdade será a dominadora destes dous encontros. Dous encontros que, como vén sendo habitual, se disputarán en formato contra o reloxo. 

Voltar