Novas 2012

COMPETICION

23 Ago 2012

V. EDICIÓN DA BANDEIRA AMBILAMP EN PORTUGALETE

V. EDICIÓN DA BANDEIRA AMBILAMP EN PORTUGALETE

Os afeccionados que se acheguen a ver a regata poderán trocar unha lámpada de baixo consumo ou un fluorescente fundido por unha gorra e unha camisola no posto de Ambilamp

A Liga San Miguel achégase ao seu final e en Portugalete disputarase a 5ª edición da Bandeira Ambilamp, organizada por Kaiku. A partir desta regata todas as quendas se confeccionarán en base á Clasificación Xeral da Liga San Miguel. Os siareiros da Bizkaitarra terán a oportunidade de desfrutaren da participación do seu equipo como líder en solitario da competición. A Ikurriña de Zarautz deixou case sentenciada a Liga e a Coroa Mapfre volta mirar a Sestao.

 

Este mediodía levouse a cabo o acto de presentación da regata no Salón de Plenos do Concello de Sestao. A ela acudiron o alcalde de Sestao, D. Josu Bergara e o presidente de Kaiku José Manuel Monje. A regata do domingo comezará ás 12 do mediodía, e as embarcacións terán que realizar a distancia de 3 millas mariñas. 5.556 metros en catro longos e tres ceavogas.

Voltar