Novas 2026

ASOCIACION

16 Xul 2026

Bueu acolle este domingo as regatas da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label

Bueu acolle este domingo as regatas da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label

A vila de Bueu acollerá no vindeiro domingo, 19 de xullo, a II Bandeira Feminina Concello de Bueu e a V Bandeira Concello de Bueu da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label, voltando así a ser unha das sedes do remo de primeira división. O evento está organizado polo Concello de Bueu e pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT), coa colaboración do Club do Mar de Bueu. A propósito da competición organizouse este mércores, diante do Concello, a roda de prensa na que participaron Félix Juncal, alcalde de Bueu, Carmen García, concelleira de Cultura, e Daniel Vázquez, membro da Xunta Directiva da ACT.

A regata da Liga Euskotren deste domingo comezará ás 11:25 horas co campionato feminino. A proba masculina comezará ás 12:20 e prolongarase até as 14:00 horas segundo a previsión da organización. Nela agárdase a participación dos clubs da ACT, entre os que hai dous galegos: CR Chapela e CR Ares.

O percorrido comeza no peirao da vila, con oito tripulacións femininas que realizarán 2 longos, en 2 quendas e doce tripulacións masculinas que farán un percorrido de 4 largos divididos en 3 quendas. 
 

Voltar