Novas 2026

ASOCIACION

18 Xu˜ 2026

A elite do remo xa esta aquí

A elite do remo xa esta aquí

A gala de presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren decorrerá este venres no Aquarium de Donostia.

En pouco máis dunha semana comezarán as competicións da ACT e como é costume xa por estas datas, mañá, venres, decorrerá a gala de presentación da Liga Euskotren e Liga Eusko Label.


Autoridades, patrocinadores, remeiros, remeiras, representantes dos clubs, medios de comunicación… encontraranse no Aquarium donostiarra para gozar dunha velada onde o mundo do remo no seu conxunto celebrará o inicio da tempada 2026.

A xornalista Sara Gandara fará de mestra de cerimonias acompañada do saxofonista Pirata. Os campións e as campioas da pasada campaña, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak, recibirán as réplicas da Coroa CaixaBank e o trofeo Euskotren respectivamente.
 

Voltar