Novas 2024

COMPETICION

21 Ago 2024

Este sábado despútase a XL. Ondarroako Bandera / Cikautxo Sari Nagusia

Este sábado despútase a XL. Ondarroako Bandera / Cikautxo Sari Nagusia

A 17ª xornada da Liga Eusko Label desputarase no sábado 24 de agosto en Ondarroa.

Este evento, que forma parte do circuito da Liga Eusko Label, levarase adiante co patrocinio e a colaboración de Cikautxo S.Coop e o Concello de Ondarroa, e será un grande día para os amantes do remo.

A regata será ás 18:15, e para que as afeccións gocen en primeira liñs, o porto estará aberto a todos os espectadores (seguir as indicacións da organización).

Puntos destacados do evento:
• Ubicación: A regata decorrerá na marabillosa baía de Ondarroa, ofrecendo un entorno único para a competición do máis alto nivel.
• Fan Zone: Como todos os anos, a Fan Zone instalarase na praza Itsasaurre, onde os afeccionados e afeccionadas poderán gozar de diversas actividades (pantalla xigante, produtos Eusko Label, cervexa Keler, tenda do club...).

"Máis un ano, a XL. Bandeira Ondarroako / Cikautxo Sari Nagusia converterá Ondarroa no epicentro do remo. Convidamos a todos os afeccionados a gozaren deste emocionante evento que destaca o mellor do deporte e da tradición local e a saíren para a rúa coa camisola do club", sinalan de Ondarroako Arraun Elkartea.

Voltar