Novas 2024

COMPETICION

19 Ago 2024

Susana García, Conselleira de Mobilidade Sustentábel do goberno basco, visita o paddock de traiñeiras

Susana García, Conselleira de Mobilidade Sustentábel do goberno basco, visita o paddock de traiñeiras Susana García, Conselleira de Mobilidade Sustentábel do goberno basco, visita o paddock de traiñeiras

Borja Rodrigo, presidente da ACT, fixo as veces de anfitrión e acompañou a presidenta de Euskotren durante o seu percorrido pola zona onde se concentran os e as remeiras antes de embarcaren.

As traiñeiras da Liga Eusko Label e Liga Euskotren recibiron o pasado domingo a visita da Conselleira de Mobilidade Sustentábel do goberno basco e presidenta de Euskotren, Susana García Chueca. Con motivo da clausura da Liga Euskotren, Borja Rodrigo, presidente da ACT, acompañou a conselleira durante a visita ás instalacións do paddock de traiñeiras. Ademais, previo ao inicio da xornada, tirou unha foto de familia coa representación de todos os clubs da competición feminina.

Tras as dúas quendas da Liga Euskotren, Susana García Chueca fixo entrega do trofeo Euskotren a Donostia Arraun Lagunak, que conquistou a súa terceira liga tras unha tempada histórica.

Dende os comezos da Liga
A relación entre Euskotren e a ACT remóntase ao 2009, xa que, dende a creación da Liga feminina, a entidade presidida por Susana García Chueca deu nome á competición e foi a principal patrocinadora do título, mostrando o seu compromiso co deporte feminino e dotando a competición dunha grande estabilidade.

Voltar