Novas 2024
COMPETICION
13 Ago 2024
Xa está aquí a xornada dupla de Zarautz
A Liga Euskotren finalizará alí, no domingo. A Liga Eusko Label, pola súa banda, focará no final do campionato así que remate a Ikurriña de Zarautz.
Esta mañá presentáronse as Ikurriñas de Zarautz que estarán en xogo na fin de semana. Como é sabido, este domingo finaliza a Liga Euskotren e Donostia Arraun Lagunak recibirá alí o trofeo da liga. Na competición masculina, pola súa parte, as tripulacións encaran a fase final da Liga Eusko Label despois desta fin de semana.
O acto de presentación decorreu na esplanada frente o Hotel Ur Bare, perto do campo de regatas, e contou coa presenza de Nagore Arruti, presidenta de Zarauzko Arraun Elkartea; Inaxio Illarramendi, concelleiro de Deportes; Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz; Leire Arana, concelleira de Turismo e Borja Rodrigo, presidente da ACT.
Leire Arana, concelleira de Turismo, salientou a importancia que ten para os zarauztarras a competición da fin de semana: "Para os e as zarauztarras é unha fin de semana especial, sempre o dicimos. A Ikurriña de Zarautz é especial para nós: como vedes, non é unha bandeira común. É unha ikurriña: a propia ikurriña, polas dúas caras, feita a man e bordada. É dos e das zarauztarras; do povo. Reflexo da nosa cultura e tradición de remo. Do Concello queremos seguir a dar forza ao valor que ten".
Nesa mesma liña, o alcalde Xabier Txurruka destacou a tradición e a importancia do nome da Ikurriña de Zarautz: "A de Zarautz non é unha bandeira nin un trapo, a de Zarautz é a Ikurriña, o noso trofeo máis prezado".
Borja Rodrigo, pola súa banda, destacou a importancia da Ikurriña de Zarautz no calendario arraunzale: "A xornada dupla de Zarautz ten moita importancia no noso calendario. Chegamos aquí no momento álxido da tempada, xa que a Liga Euskotren acaba aquí e a Liga Eusko Label entra no seu momento decisivo. Ademais, é de agradecer o esforzo que fai o Concello de Zarautz para equiparar a competición feminina e a masculina".
No sábado comeza ás 17:25 horas a primeira xornada da XVI. Ikurriña de Zarautz, coa regata da Liga Euskotren. Unha vez rematadas as dúas quendas da competición feminina, será a vez dos homes e ás 18:21 horas comezará a primeira quenda da Liga Eusko Label.
No domingo, pola súa banda, dará comezo ás 11:20 horas a segunda xornada que será a derradeira regata da Liga Euskotren 2024. Unha vez finalizadas ambas quendas, entregarase para Arraun Lagunak o trofeo Euskotren por segundo ano consecutivo e unha vez pechado o campionato feminino, o masculino enceta ás 12:21 horas a segunda xornada da XLVII. Ikurriña de Zarautz.
FAN ZONE
O Espazo Afeccionado de Regatas ubicarase máis un ano en Lege Zaharren Enparantza de Zarautz. Antes, durante e despois da dobre xornada da Ikurriña de Zarautz os afeccionados poderán gozar dunha experiencia única. Tanto no sábado como no domingo, poderanse degustar produtos Eusko Label e Keler, e tirar fotografias cos trofeos que gañarán os campións da Liga Eusko Label ou da Liga Euskotren. Tamén se instalará unha pantalla xigante, para non perder detalle da Ikurriña de Zarautz, e haberá inchábeis para os mais pequenos da man de BM Supermercados.