Novas 2024

COMPETICION

09 Xul 2024

Las mejores traineras vuelven a Bilbao

Las mejores traineras vuelven a Bilbao

Este sábado, 13 de xullo, as tripulacións da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label desputan a regata contra o reloxo na ría de Bilbao.

Esta mañá presentouse a XV. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao e a VI. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao. Itxaso Erroteta, Concelleira de Mocidade e Deportes do Concello de Bilbao e Borja Rodrigo, presidente da ACT foron os encargados de presentaren o evento.

O circuito urbano que conforma o río Nervión na capital de Bizkaia volta ser protagonista da terceira semana de competición. O museo Guggenheim, Zubizuri, a ponte da Salve… serán testemuñas o vindeiro 13 de xullo da máxima categoría das traiñeiras.

A Liga Euskotren e a Liga Eusko Label recalarán no El Botxo para encheren de cores as dúas marxes da ría bilbaína. Un lugar onde o percurso contra o reloxo, técnico e esixente para as tripulacións, brindará un grande espectáculo para as afeccións do remo.

Itxaso Erroteta, Concelleira de Mocidade e Deporte de Bilbao salientou a relevancia dun encontro deportivo "de máximo nivel que todos os anos xera unha grande expectación e respaldo por parte da afección. Deporte e espectáculo unidos arredor da nosa Ría, líganos de volta ás nosas raíces culturais e ás tradicións euskaldunas entre as que o remo é, sen dúbida, todo un referente. Animo a todo o público a participar da grande festa na que se convertiu a Bandeira de Bilbao".

Borja Rodrigo, presidente da ACT destacou que o encontro está sinalado en vermello no calendario da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren: "A deste ano é a décimo quinta edición da Bilboko Bandeira, e é que Bilbao ofrécenos unha regata sen igual. É a única contra o reloxo do calendario, e conta cun circuito urbano que fai que as traiñeiras naveguen aos pés dos edificios máis emblemáticos da cidade. Ademais, é unha regata esixente e técnica que ofrece un grande espectáculo".

Quendas na orde inversa à clasificación
A configuración das quendas e a orde de saída será en orde inversa á da clasificación polo que na competición feminina a primeira en coller a liña de saída será a SD Tirán Pereira, seguida de Hibaika Jamones Ancin, CR Cabo da Cruz e Hondarribia Bertako Igogailuak. Na segunda quenda sairán Nortinadal Donostiarra, Orio Orialki, Tolosaldea Arraun Kluba e a líder actual da Liga Euskotren, Donostia Arraun Lagunak.

Na competición masculina, a regata comezará con C.M. Bueu-Simei e seguirán San Pedro-Harri, Kaiku Berez Galanta e CR Cabo da Cruz. Os participantes da segunda quenda farano na seguinte orde: Lekittarra Elecnor, Ondarroa Kide, Getaria e Amenabar Donostiarra. Para finalizar, as catro últimas traiñeiras apañarán a liña de saída a comezar por Orio Orialki, seguida de Orsa Hondarribia e Zierbena Bahias de Bizkaia, rematando con Bermeo Urdaibai.
 

Voltar