Novas 2023
DISCIPLINA
22 Out 2023
Sanción por dopaje
Con data 19 de outubro de 2023 foi dictada resolución do Xuíz de Disciplina da ACT pola que se declara firme a resolución do mesmo Xuíz de Disciplina, con data 2 de outubro de 2023, dictada no expediente disciplinario 7/2023 en virtude da cal e de acordo ao disposto no artigo 17 do Regulamento Disciplinario da ACT, imponse ao remeiro obxecto do devandito expediente, unha sanción de inhabilitación para facer parte nas 4 primeiras regatas que sexan organizadas pola ACT pola comisión dunha infracción grave prevista no artigo 14 apartado O do Regulamento Disciplinario da ACT.
A sanción imposta é consecuencia da obtención dun resultado adverso ao se detectar a existencia dunha substancia prohibida na Lei Orgánica 11/2021, en concreto benzoilecgonina (metabolito de cocaína) nun control efectuado na desputa da primeira xornada da Ikurriña de Zarautz (19-08-2023).
De acordo á mesma resolución do Xuíz de Disciplina, o remeiro deberá someterse a un control antidopaxe, á súa costa, de forma previa á súa incorporación á primeira regata, despois da súa inhabilitación temporaria.