Novas 2023

ASOCIACION

23 Xu˜ 2023

Negua seguirá a vestir a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren

Negua seguirá a vestir a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren Negua seguirá a vestir a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren

A marca deportiva proveerá toda a roupa deportiva da Asociación durante as tres vindeiras tempadas

A poucos días de comezar a competición, a ACT ultima todos os preparativos de cara á nova edición da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Por iso, acadou un novo acordo con Negua para que a empresa vasca de roupa deportiva sexa proveedor técnico da Asociación. Así, os líderes das clasificacións vestirán cos maillotes e platanitos deseñados e creados por eles mesmos.

A marca guipuzcoana envolveuse hai uns anos no mundo do remo, e o seu nome é cada vez máis recoñecibel no noso deporte.  Ademais, Negua ofrece un servizo integral de confección, impresión e personalización de roupa deportiva para homes e para mulleres.

Ander Zuaznabar, xerente de Negua Extreme Sportswear e Borja Rodrigo, presidente da ACT, amosáronse contentos coa continuidade do acordo na sede da marca deportiva, onde Rodrigo coñeceu de primeira man toda a elaboración para crear toda a roupa técnica.

Tenda online
Dende este verán, Negua aposta pola tenda online. Así, os seguidores e seguidoras da Liga Eusko Label e Liga Euskotren, poderán mercar o maillote ou platanito que visten os líderes de cada clasificación, ou a colección de rúa que sacou para o mundo do remo. Asimesmo, tamén haberá posibilidade de mercar a roupa de diferentes equipos cos que traballa Negua.  

A marca guipuscoana aposta por unha fabricación sustentábel, polo que a fabricación é feita baixo demanda, disminuíndo notabelmente os desperdicios no material.

Voltar