Novas 2023
ASOCIACION
17 Xu˜ 2023
A ACT preparada para unha tempada histórica
A histórica Liga Euskotren con oito participantes femininas desputará catro xornadas en augas de Galiza
Os socios da ACT participaron esta mañá na derradeira sesión asemblearia antes do comezo da tempada. Na mesma, puideron saber os últimos detalles de cara á nova tempada que comezará o vindeiro 1 de xullo na Coruña. Os socios tamén foron informados dos aspectos propios da xestión e administración da Asociación durante estes primeiros meses do ano.
Posteriormente, e nun ámbito máis distendido e social, a Asociación de Clubs de Traiñeiras, arroupado polos clubs, deportistas, patrocinadores, institucións e medios de comunicación celebraron esta tarde a presentación da súa nova tempada. No acto que decorreu no Palacio Euskalduna de Bilbao, presentado pola actriz Aitziber Garmendia, coñecéronse os últimos detalles da histórica tempada que comezará o vindeiro 1 de xullo en augas da Coruña.
A gala comezou coa entrega dos trofeos orixinais por parte dos vixentes campións. Daquela, as remeiras de Orio Orialki recolleron a réplica do Trofeo Euskotren da man de Javier Seoane, Director Xeral de Euskotren. Pola súa banda, os remeiros de Bermeo Urdaibai recibiron a réplica da Coroa CaixaBank da man de Estibaliz Areitio, Directora de Área de Negocio de CaixaBank.
A presentación continuou lembrando a traxectoria realizada pola Liga Euskotren ao longo de todas as súas tempadas, neste ano en que se desputa a 15ª edición da Liga Euskotren. Para este repaso contouse coa participación de tres protagonistas que viron nacer, medrar e consolidar a competición feminina como son, Maite Zunzunegui, Eli Pescador e Andrea Oubiña.
Seguidamente, Borja Rodrigo, presidente da ACT, deu a benvida á nova tempada, salientando o esforzo realizado pola Asociación durante estes anos coa competición feminina. Posteriormente, e como agradecemento polas súas longas traxectorias e vinculación coa ACT, outorgaba sendos remos honoríficos tanto para Euskotren como para Eusko Label, por faceren respectivamente no 2023 ambas marcas 15 tempadas a apoiaren e patrocinaren as dúas competicións da ACT.
Logo de recibir o remo honorífico, Arantxa Tapia, como representante do noso principal patrocinador, Eusko Label, desexou boa sorte a todos os clubs para a presente campaña.
Despois da presentación, as persoas asistentes puideron gozar na esplanada exterior do Palacio Euskalduna dun aperitivo cos produtos de Eusko Label e Keler, ao igual que se poderá facer na Fan Zone en cada unha das vinte xornadas de competición deste verán.