Novas 2019
ESPECIAL
11 Nov 2019
Volta ao traballo!
Os clubs da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren encetan de novo as súas dinámicas de traballo coa tempada 2020 como obxectivo
Hai apenas mes e medio que puxemos o peche á tempada 2020 da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren coroándose Orio Babyauto en ambas as dúas competicións. Aínda lembramos como se fose onte cando os remeiros da ‘San Nikolas’ levantaban ao ceo a Coroa CaixaBank logo da desputa da Bandeira El Corte Inglés, mais nun abrir e pechar de ollos, os clubs xa se puxeron a traballar de cara á tempada 2020 de remo.
A falta de algún equipo que decidiu alongar un chisco máis as vacacións, todos os demais equipos xa voltaron ao traballo tanto no ximnasio como na auga. Apenas resta animar os mozos e mozas neste inicio de pretempada e comezar a roubarlle días ao calendario na espera de que cheguen a Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank e a Liga Euskotren 2020.