Novas 2017
ESPECIAL
19 Set 2017
Ioseba Amunarriz, Mellor Patrón CaixaBank
O da ‘Ama Guadalupekoa’ leva por terceira vez este premio despois de o gañar no 2009 e 2012
Logo da desputa da XLIII Bandeira El Corte Inglés en augas de Portugalete coñecemos o nome do campión da Eusko Label Liga, Urdaibai Avia, que levou a Coroa CaixaBank rumbo a Bermeo. Mais este non foi o único premio que se repartiu no domingo, xa que tamén se coroou o Mellor Patrón da tempada, galardoado co Maillote Branco de CaixaBank.
Ioseba Amunarriz, con 18 puntos, levou finalmente este recoñecemento manténdose do comezo ao fin da tempada no liderado. Así e todo, este non foi un camiño de rosas para o da ‘Ama Guadalupekoa’, xa que Iñigo Larrinaga, de Ondarroa Cikautxo, desputoulle o premio até a derradeira xornada, acabando con 16 puntos.
Deste xeito, Ioseba Amunarriz desempata polo primeiro posto no histórico deste premio con Asier Zurinaga (2011 e 2013), de Santurtzi Iberdrola, e Endika Pérez (2015 e 2016), patrón da ‘Erreka’ de San Juan Sumelec, e lidera agora en solitario o palmarés con tres vitorias (2009, 2012 e 2017). Patróns como Unai Oliden (2016), Vicente Carpintero (2014), Aitor Carrillo (2010) e Irakoitz Etxeberria (2008) tamén contan con unha vitoria neste premio.
Este venres, 22 de setembro, celebrarase o acto de entrega do Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón na sociedade Ondartza de Zarautz, onde terá lugar a clásica cea de patróns de final de tempada, coa presenza dos patróns da Eusko Label Liga e Liga Euskotren.