Novas 2015
ESPECIAL
28 Dec 2015
Os presidentes entran en xogo
Os máximos dirixentes dos clubs, despois da aprobación dunha nova medida, terán que remar un mínimo de tres regatas na vindeira Liga San Miguel
Novidades importantes para a vindeira tempada da Liga San Miguel. Despois da Asemblea celebrada no pasado mes de novembro en Pasaia, os socios deron saída a unha nova medida pola que os presidentes pasarán a ser unha parte fundamental no transcurso da temporada. A nova norma obriga aos máximos mandatarios de cada club a participar como mínimo en tres regatas do calendario da Liga San Miguel para que así, no fin da campaña, os puntos obtidos poidan computar.
Esta nova medida calou profundamente no seo da Asociación e malia a sorpresa, os dirixentes non o pensaron dúas veces e incorporáronse de contado aos adestramentos dos seus clubs para chegar nas mellores condicións posíbeis á batalla pola Coroa “la Caixa”.
Ah, e antes de esquecérmonos, da ACT desexámosvos un bo día dos Inocentes ;)