Novas 2014

ASOCIACION

13 Dec 2014

A ACT pecha o ano en Orio

A ACT pecha o ano en Orio

Os clubs socios reuníronse esta mañá en Orio na Asemblea onde trataron os diferentes puntos propostos

Esta mañá celebrouse nas instalacións do CRO Orio a sexta Asemblea Ordinaria de socios da ACT. No primeiro punto do día, procedeuse á ratificación da acta da última asemblea e seguidamente a Xunta Directiva presentou aos socios os aspectos ligados coa xestión asociativa, así como o económico, do cuatro trimestre.

Por outra banda, aprobouse a modificación de algúns puntos dos Estatutos. Neste caso, cómpre salientar que se aprobou a eliminación do dereito a que cada territorio dispoña, cando menos, dunha entidade socia na Asociación en cada momento. Ou a disposición para crear un equipo de traballo para tratar conxuntamente coa ARC a creación dun Código de Regatas Unificado, no que se procurará unha regulamentación común das normas técnicas no desenvolvemento das regatas.

Ademais, procedeuse á ratificación dos diferentes titulares dos órgaos da ACT, como é o caso do Xuíz Árbitro da ACT, Andreu Camps; da Xuíza de Disciplina, Esther Queraltó;  do responsábel do Órgao Antidopaxe, Juanjo Badiola; así como o Comité Técnico composto por Eugenio Fernández e Patxi Hidalgo. Pola súa banda, o até agora Xuíz de Competición da ACT, Borja Osés, comunicou á Asociación o seu desexo de abandonar este cargo e por isto deberá ser substituido, seguindo o procedemento habitual nestes casos.

Unha vez concluída a Asemblea, os clubs despediron o ano co tradicional xantar de Nadal.

Voltar