Novas 2014

ESPECIAL

20 Nov 2014

Getxo, referencia deportiva europea

Getxo, referencia deportiva europea

A localidade biscaína recibiuo premio á Mellor Cidade Europea do Deporte 2014, collendo así o testemuño de Guimaraes

Getxo segue colleitando éxitos e, se o ano pasado a localidade biscaína era nomeada como unha das Cidades Europeas do Deporte 2014, onte obtivo o recoñecemento á de Mellor Cidade Europea do Deporte 2014, tal e como confirmou a ACES Europe (Asociación de Cidades Europeas do Deporte). Neste sentido, o presidente desta entidade, Gian Francesco Lupatelli, apuntou que Getxo “é un verdadeiro exemplo de deporte para todas as persoas como ferramenta de promoción da saúde, educación, integración e respeito”. 

Un premio ao que optaban outras 17 cidades do vello continente e do que a localidade costeira saiu vitoriosa, collendo deste xeito o relevo a Guimaraes. O alcalde de Getxo, Imanol Landa quixo agradecer este recoñecemento e pór en valor “o traballo realizado polos clubs e asociacións que axudan á promoción de todos estes hábitos”. Pola súa banda, Álvaro González, concelleiro de deportes, sinalou que “Getxo Kirolak, xunto coa colaboración de 130 institucións, clubs e asociacións, organizou perto de 300 actividades de 50 modalidades deportivas diferentes e nas que participaron máis de 40.000 persoas”. 

Portanto, da ACT queremos sumármonos á felicitación por este novo fito dunha localidade como Getxo que, coa Getxoko Estropaden Ikurrina, leva presente na Liga San Miguel e na Liga Euskotren dende a súa creación.

Voltar