Novas 2012
COMPETICION
04 Out 2012
IOSEBA AMUNARRIZ, DE HONDARRIBIA ORSA, RECIBE EL TROFEO MAPFRE AL MELLOR PATRÓN DE LA LIGA SAN MIGUEL 2012
Amunárrizasume Asier Zurinaga, o mellor patrón de 2011 con Kaiku Ambilamp
Este xoves 4 de outubro ás 20h00 na Sociedade Ondartza de Zarautz, celebrouse o acto de entrega do Trofeo Mapfre ao Mellor Patrón da tempada 2012, Joseba Amunarriz. O Sr. Asier Zurinaga, expatrón de Kaiku Ambilamp devolveu o trofeo que o acreditaba como Mellor Patrón da anterior tempada 2011 e recibiu unha réplica de mans de Enrique Cid en representación de Mapfre. Posteriormente, o Sr. Cid fixo entrega dun cheque por un importe de 3.000€ e do trofeo Mapfre ao Mellor Patrón da presente tempada 2012, Sr. Joseba Amunarriz, patrón de Hondarribia Orsa. Tamén foron presentes o Sr. Enrique Cid e o Sr. José Andrés, representando a Mapfre, así como unha ampla representación de patróns de outros clubs (Ugaitz Mendizábal de Astillero, Juan Carlos Fontán de San pedro Ecolmare, Endika Pérez de San Juan Iberdrola, Jokin Guijarro e Unai Osa de Zumaia Altuna y Uría, Gorka Aranberri de Urdaibai Umpro Avia y Vicente Carpintero de Zierbena Bahías de Bizkaia). O patrón hondarribitarra obtivo un total de 29 puntos, 5 puntos máis que o segundo clasificado, dúo formado por Cristian Garma e Jon Arroquero de Kaiku Ambilamp. A tercera posición foi para Juan Carlos Fontán de San Pedro Ecolmare con 22 puntos.
A elección do mellor patrón realízase do xeito máis obxectivo posíbel, para iso recóllense os seguintes datos do GPS:
1º Total de metros percorridos durante a quenda na que participan.
2º Tempo que enredan en efectuar as manobras.
O primeiro punto índicanos que patrón percorre coa súa embarcación menos metros que os seus adversarios. O segundo punto amosa o tempo que tarda en efectuar a manobra. Para iso mídese o tempo do traxecto dende aproximadamente 50 metros antes de entrar na baliza até uns 50 metros despois. Este dato revela a velocidade coa que entrou na ceavoga, o xeito de a dar e a velocidade de saída.
Finalmente, cómpre salientar que o trofeo orixinal ao Mellor Patrón entregarase en propiedade cando un patrón consiga a victoria en 3 tempadas, sexan alternas ou consecutivas. Este recoñecemento comezou a súa andaina na tempada 2008, dende aquela os vencedores foron os seguintes patróns:
· 2008: Irakoitz Etxeberria – Grupo Eibar Orio
· 2009: Joseba Amunarriz – Hondarribia Orsa
· 2010: Aitor Carrillo – Orio Amenabar
· 2011: Asier Zurinaga – Kaiku Ambilamp
· 2012: Joseba Amunarriz – Hondarribia Orsa