Novas 2012
COMPETICION
12 Set 2012
BERMEO, REVÁLIDA DOS ASPIRANTES ANTE KAIKU AMBILAMP, VIRTUAL CAMPIÓN DA LIGA SAN MIGUEL
Urdaibai Umpro Avia, Hondarribia Orsa e Tirán Pereira van á procura de conseguir a XXX. Bermeo Hiriko Ikurrina
A Liga San Miguel xa ve o final da tempada. Ás portas do outono, da retirada a terra, Bermeo recibe o pelotón remeiro en plenas festas patroais. Alí se disputará o vindeiro sábado a 17ª regata puntuábel da xornada, penúltima da Liga San Miguel: BERMEO HIRIKO XXX. IKURRINA. Este mediodía celebrouse a presentación da regata no Concello de Bermeo, e a ela acudiron a Sra. Idurre Bideguren, alcaldesa de Bermeo, e o Sr. Josu Zabalondo, presidente de Bermeo A. E.
A xornada comezará ás 18h00 coa primeira xornada do play-off de ascenso e descenso. Participarán Zumaia Altuna y Uría, décimo primeira clasificada da Liga San Miguel, Orio-Babyauto e Santurtzi-Iberdrola, 1ª e 2ª clasificadas da ARC1, e Amegrove Travel Viabús, vencedora da Liga Galega de Traíñas. As catro embarcacións competirán na disciplina de contra o reloxo, e partirán de minuto en minuto polo mesmo carreiro. O sistema de puntuación e demais requisitos a cumprir están recollidos no V. título das Normas de Competición da ACT do 2011 (apartado ascensos e descensos). O vencedor da primeira regata obterá catro puntos, e os seguintes clasificados, un punto menos sucesivamente. Utilizarase o mesmo sistema na regata do domingo, en Portugalete, e despois da suma de puntos das dúas regatas, conseguirán o ascenso aqueles dous clubs que máis puntos consigan. Se da suma resultara algún empate, sumaríanse os tempos das dúas regatas, resultando vencedor o mellor tempo da suma.
Polo que respecta á Liga San Miguel, Urdaibai Umpro Avia, Hondarribia Orsa e Tirán Pereira tentarán roubar un pouco de gloria á grande dominadora da competición, Kaiku Ambilamp, na procura de levar para a casa a ikurrina da vila costeira. Os de Sestao teñen un botín case decisivo de cara ao derradeiro fin de semana: 13 puntos. A regata, que comezará ás 18h30, é especialmente atractiva para os azuis da casa, que están inmersos nas súas festas patroais.
Ambas as dúas regatas poderanse seguir en directo na páxina web da Liga San Miguel (www.ligasanmiguel.com), e na ETB 1, e unha vez rematadas, todos os afeccionados recibirán cumprida información con unha crónica da regata na página web da asociación.