Novas 2011

COMPETICION

23 Nov 2011

MEMORIA ANTIDOPAXE

MEMORIA ANTIDOPAXE

Como vén ocorrendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu na tempada 2011 un plan antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os clubs e os seus deportistas a diversos controis antidopaxe para detectar cualquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte. Estas actuacións terían sido levadas a cabo tanto na Liga San Miguel, para a categoría masculina, como na Liga Eusko Tren, na categoría feminina.

Pois ben, ao longo da tempada 2011 realizáronse un total de 83 controis antidopaxe, distribuídos en 33 controis en competición e 50 fóra de competición. Nos controis antidopaxe levados a cabo teríanse realizado 24 controis antidopaxe específicos para a detección de EPO-rh, así como 8 controis antidopaxe realizados sobre mostras fisiolóxicas de sangue para a detección de CERA. Neste sentido débese sinalar que en 2011 foi a primeira tempada na que se levaron a cabo controis de dopaxe sanguíneos, por ser o primeiro ano no que o laboratorio de control de dopaxe co que vén traballando a ACT desde a súa creación dispuxo das técnicas precisas para realizar estes controis antidopaxe para a detección de certas substancias ou métodos de dopaxe prohibidos.

Coas actuais técnicas analíticas de que dispón o laboratorio de control da dopaje non se acreditou a utilización de ningunha substancia ou método prohibido de entre os incluídos na listaxe de referencia.

Igualmente, alén dos controis de dopaxe, foron obtidas ao longo da tempada 2008 mostras sanguíneas de remeiros pertencentes a todos os clubs da asociación, analizando certos parámetros hematolóxicos tendentes a coñecer posíbeis alteracións producidas pola utilización de dopantes. Ningún dato sanguíneo das analíticas efectuadas amosan, nin de xeito individual nin colectivamente, parámetros ou valores obxectivos que sexan indicadores dunha eventual utilización dalgunha das variedades de EPO ou outras substancias ou métodos prohibidos na listaxe de dopaxe de referencia que melloren os niveis sanguíneos e a transferencia de osíxeno.

Cómpre lembrar, por outro banda, que a existencia de eventuais infraccións das normas de dopaxe a ser enxuizadas no ámbito deportivo pode resultar de calquera mecanismo de proba admisíbel no Dereito, como expresamente prevé o art. 2.2 do Regulamento Antidopaxe da ACT en consonancia co Código Mundial Antidopaxe da WADA-AMA. A existencia de ilícitos ou infraccións deportivas cometidas por entidades e/ou persoas físicas no seo dunha organización deportiva e/ou no curso dunha actividade competitivo-deportiva que poideran chegar a ser sancionábeis non deba cinguirse á existencia de casos de positivos ou descubertas de axentes dopantes nas mostras fisiolóxicas dos deportistas nos controis de dopaxe realizados, senón que debe ampliarse á constatación de situacións que teñan a consideración de infraccións das normas de dopaxe e que aparecen expresamente previstas nas disposicións normativas vixentes, aínda que esta proba non parta dunha iniciativa ou acción propia do órgao antidopaxe da asociación.

Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é arela e vontade da ACT, cos medios que poida destinar nos vindeiros exercicios, o continuar realizando un programa de control de dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar