Novas 2011

COMPETICION

26 Ago 2011

NOTA DE PRENSA

NOTA DE PRENSA

Sanción deportiva, Play Off e criterios clasificación

1.- A ACT informa que mediante resolución do xuíz de disciplina da asociación impúxose ao deportista D. Asier Zurinaga, do club Kaiku, unha sanción de multa de 601 euros pola comisión dunha infracción grave con ocasión da primeira das xornadas da Bandeira de Zarautz en base ao incidente contemplado na acta polo xurado da regata.

2.- Por outra parte, por acordo do comité de competición da asociación acordouse que de xeito cautelar o 12º clasificado da Liga regular da ACT na temporada 2011 a falta de dúas regatas para a conclusión da mesma, teña dereito a tomar parte no play-off da presente tempada. Tal participación do 12º clasificado e os seus resultados obtidos só terían efectos e serían computados no caso de que a súa clasificación definitiva na competición do año 2011 resultase finalmente ser o 11º posto unha vez resolto o procedemento disciplinario existente fronte a un club por unha eventual infracción das normas de dopaxe. Respecto da participación do 11º clasificado e os seus resultados obtidos terían efectos e serían computados no caso de que, unha vez resolto o expediente disciplinario, a súa clasificación definitiva na competición do ano 2011 resultase finalmente ser o 11º posto. No caso de que a súa clasificación na competición do ano 2011 resultase finalmente ser o 10º posto, recoñeceríase o seu dereito a seguir sendo socio por méritos deportivos na tempada 2012 independentemente do resultado que lograse no play-off.

3.- Ante a posibilidade de producirse empates entre as tripulacións na clasificación xeral da Liga San Miguel, a Normativa da Asociación ten determinado no seu artigo 13 como proceder neste caso. Para isto ten establecido 4 criterios que se aplican correlativamente:

1º Maior número de vitorias (primeiros postos) en regatas puntuables.

2º Maior número de vitorias (mellores posicións) nos enfrontamentos directos en regatas puntuables.

3º Mellor clasificación na última regata puntuable.

4º Sorteo entre os empatados (se chegan exequo na última regata).

Un exemplo ilustrativo do desenvolvemento deste artigo (que se aplica nos empates en cada unha das regatas puntuables) teriámolo nos equipos de Camargo e Orio que dadas as súas posicións actuais e o que se xogan nestas dúas próximas regatas, podería darse o caso.
Nestes instantes Orio leva un punto a Camargo que ocupa a última posición. Se en cada unha das regatas que quedan (Orio e Castro) cada un remata por diante do seu adversario e supoñendo que ningún obtén a Bandeira nin chegan exequo na última regata e loxicamente empatan a puntos, teríamos que aplicar o artigo 13:
O primeiro criterio non o cumpriría ningunha das dúas tripulacións.
Nestes instantes cada club estivo por diante as mesmas ocasiones (sete) e empatarían a oito no suposto aludido. Co cal habería que aplicar o terceiro criterio, é dicir, o desempate estableceríase polas posicións que obtiveran na regata de Castro.

Voltar