Novas 2011

COMPETICION

24 Ago 2011

A LIGA SAN MIGUEL BULE NA SÚA PARTE BAIXA; ORIO E CAMARGO XOGAN A SUPERVIVENCIA NA ELITE

A LIGA SAN MIGUEL BULE NA SÚA PARTE BAIXA; ORIO E CAMARGO XOGAN A SUPERVIVENCIA NA ELITE

Un só punto diferenza ambas as dúas embarcacións na loita por evitar o descenso automático; os aguiluchos remarán na casa, arma de dobre filo

Orio, 24 de agosto. - A Liga San Miguel-Coroa Mapfre segue queimando etapas, e Orio acollerá a 16ª regata puntuábel da tempada: XXI ORIOKO ESTROPADAK - XIV INMOBILIARIO ORIO IKURRINA. Unha cita na que se mesturarán emocións extremas, porque hai moito en xogo. Sobre todo para a traíña da casa, afeita aos éxitos, e pouco coñecedora de andar apertada na clasificación. Orio-Amenabar é penúltima na clasificación da Liga, e Camargo, o seu grande rival, situouse a só un punto despois das regatas de Hondarribia e Pasai Donibane. Drama, emoción, alegría e tristura, todas nunha. Expectación máxima. Un punto non é nada, ou case nada, ou pode resultar moito. Orio e Castro ditarán quen baixa, quen vai ao play-off, pero ningún dos dous pode relaxarse. A clasificación da regata de Orio pode ditar sentenza, decidir a tranquilidade ou manter a incertidume até o derradeiro segundo, en Castro.

A regata disputarase o sábado 27 de agosto ás 18h00, e as quendas decidiranse en base á clasificación da Liga San Miguel. Os aguiluchos remarán ante a súa cátedra, e iso pode empurralos a dobregar a Camargo, pero a presión tamén se lle pode revirar na súa contra, e non daren feito todo o que se agarda deles. Camargo remontou a Orio sete puntos en dúas regatas. Kaiku, Urdaibai e Hondarribia manterán unha loita ben diferente, a de conseguir unha nova bandeira.

Hoxe ao mediodía realizouse a presentación da regata no Concello de Orio, e a ela asistiron o Tenente Alcalde de Orio, Sra. Mirian Uranga, José Luis Ayestarán de Inmobiliaria Orio, Patrocinadora da regata, Vixente Lasa Concejal do Deportes e José Ramón Garate, directivo do Club. As tripulacións deberán completar 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas, e repartiranse 22.500 euros en premios. Orio Arraun Elkartea é a organizadora da regata, e Inmobiliario Orio a patrocinadora.

Voltar