Novas 2011

COMPETICION

18 Ago 2011

RESOLUCIONS XUIZ DE DICIPLINA

RESOLUCIONS XUIZ DE DICIPLINA

Nos últimos días o Xuíz de Disciplina da ACT emitiu cadansúas resolucións que serían as seguintes:

- Acordo de incoación de expediente disciplinario sancionador a José Manuel Francisco (adestrador de Bermeo - Urdaibai AE), a Josu Zabalondo (presidente de Bermeo - Urdaibai AE) e a Sonia Boubeta (deportista do club Rias Baixas) pola súa ligazón coa denominada "Operación Estrobo". Aínda cando se procedeu a incoar expediente a tales persoas, ao igual que ocorrera co club Bermeo - Urdaibai AE, estabeleceuse a suspensión de procedemento sancionador até que se proceda á finalización da fase de dilixencias previas na sede xudicial.

- Acordo de desestimación das medidas cautelares instadas pola Asemblea Xeral de socios a proposta da Xunta Directiva da ACT. Tales medidas cautelares que foran instadas ao órgao disciplinario, como se lembrará, facían referencia á suspensión cautelar do club na competición até a finalización do expediente sancionador ou, subsidiariamente, a suspensión cautelar das persoas imputadas e ligadas á asociación neste momento. Por isto, Urdaibai Umpro Avía continuará dentro da Liga San Miguel - Coroa Mapfre até o remate da tempada.

Voltar