Novas 2010

COMPETICION

22 Nov 2010

A ACT INTENSIFICA O SEU COMPROMISO A PROL DA COMPETICIÓN DEPORTIVA

A ACT INTENSIFICA O SEU COMPROMISO A PROL DA COMPETICIÓN DEPORTIVA

O venres 19 e o sábado 20 de novembro celebrouse no Hotel Hesperia Zubialde de Bilbao a 6ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2010. Ao tempo celebrouse tamén outra asemblea extraordinaria para abordar as diferentes propostas de modificación da normativa para a vindeira tempada.

 

Nesta cita asemblearia salientaron os seguintes puntos:

 

- Lectura e aprobación da acta anterior (Bermeo): Aprobación da acta da anterior Asemblea celebrada en Bermeo no pasado mes de setembro.

- Presentación pola Xunta Directiva aos socios dos aspectos ligados á xestión asociativa, incluídos os económicos, do cuarto trimestre do exercicio 2010.

- Apróbase a proposta da ACT para que a Liga San Miguel 2011 comece en Burdeos. A Asociación dá o seu visto bo á proposta de comezar a Liga en Burdeos e traballa para que a competición arranque a próxima tempada na capital de Aquitania.

- A Asociación decidiu buscar unha empresa dedicada á balizaxe que asuma o servizo en todas as regatas da Liga San Miguel 2011. Os clubs valoraron a importancia dos campos de regata e da garantía que estes teñen que ofrecer á competición.

- Amplíase o número de regatas, de 12 a 14, onde a orde de saída das regatas dos sábados efectuarase tomando en consideración a clasificación da Liga regular nese momento, e a orde de saída das regatas dos domingos será realizado tomando en consideración a clasificación da regata do sábado (véspera), sendo esta computada a efectos tanto da confección de quendas coma da saída nas regatas de contra o reloxo.

- Finalmente comunícaselles aos socios que Caja Madrid, un dos principais patrocinadores, retira o seu apoio á Liga San Miguel por cuestións de estratexia empresarial, polo que a asociación procura xa suprir a vacante que deixa a entidade madrileña. Porén, a ACT agradece a Caja Madrid o seu apoio durante estes tres últimos anos. Infórmase tamén de que a Asociación mantén contactos con diferentes marcas para substituír a caixa madrileña aínda que sen avances decisivos polo de agora.

Voltar