Novas 2016

ESPECIAL

18 Xu˜ 2016

Xa está en marcha unha nova Liga San Miguel!

Xa está en marcha unha nova Liga San Miguel!

O río Guadalquivir acollerá mañá o inicio da loita pola Coroa CaixaBank coa IV Bandeira Euskadi Basque Country

Os longos meses de espera chegan á fin co comezo dunha nova edición da Liga San Miguel. Desta vez, o encontro inaugurarase na capital hispalense, onde se porá en xogo mañá a partir das 12.00 horas a IV Bandeira Euskadi Basque Country. Para isto, o río Guadalquivir será escenario dun novo formato de competición, onde as traiñeiras vogarán nunha contra o reloxo de dúas en dúas en orde inversa á clasificación xeral do ano pasado. Por outra banda, o campo de regatas estará situado nas augas que unen a Ponte da Barqueta e a Pasarela da Cartuja.

Mañá poranse en xogo os primeiros resultados puntuábeis para o reto de lograr a Coroa CaixaBank, e cómpre lembrar que nas pasadas edicións da Bandeira Euskadi Basque Country, NT2 Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia foron quen acadaron a vitoria.

Visita á Torre CaixaBank

Por outra banda, esta tarde, a Torre Sevilla recibiu os clubs da Liga San Miguel. Nesta visita, ademais dos patróns e presidentes de cada club, Kepa Badiola, Director Territorial de CaixaBank do País Vasco e Cantabria estive presentes. Aproveitando as vistas espectaculares da Torre Sevilla, os patróns aproveitaron para inmortalizar a imaxe que marca o inicio da tempada.

Unha fin de semana apaixonante

Para alén do estrictamente deportivo, a fin de semana na cidade hispalense vén cargada de actividades na zona lúdica da Liga San Miguel situada na Alameda de Hércules. Na xornada de hoxe, poderase gozar de exhibicións de danza, deporte rural e gastronomía vasca, ademais dos concertos de Dj Lektrono e ION DIN ANINA. Cómpre lembrar, que as barras situadas na Alameda de Hércules, estarán durante toda a fin de semana abertas e a disposición de quen se achegar.

Voltar