ACT TV 2016

ESPECIAL

22 Mar 2016

Victorias para NT2 Hondarribia e Hibaika no test sanpedrotarra

Victorias para NT2 Hondarribia e Hibaika no test sanpedrotarra

NT2 Hondarribia na categoría masculina e Hibaika Jamones Ancín na categoría feminina impuxéronse no descenso que organiza

Un total de 37 embarcacións achegáronse este sábado á localidade pasaitarra de San Pedro para desputar un dos derradeiros test antes de encetar a Liga San Miguel. Malia o mal tempo, moito público quixo presenciar ao vivo este espectáculo.

Na categoría masculina, o campión da última Coroa CaixaBank, NT2 Hondarribia, logrou imporse con un tempo de 19’42’’49 avantaxando en seis segundos a Urdaibai Avia. O terceiro posto foi para os aguiluchos de Orio Babyauto, deixando 11 segundos frente á ‘Ama Guadalupekoa’.  O conxunto rosa de San Juan Iberdrola foi cuarta con unha marca de 19’56’’ 32 e a ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare fue quinta cedendo un segundo frente ao seu veciño. A sexta posición foi parar para Zierbena Bahías de Bizkaia que perdeu 25 segundos a respecto de NT2 Hondarribia.  Completando a ronda de embarcacións da Liga San Miguel, Astillero rematou en sétima posición con un tempo de 20’23’’ 11 e Zumaia 20’38’’57, ficando así na undécima posición.

Na categoria feminina, Hibaika Jamones Ancín, conseguiu imporse frente á vixente campioa da Liga Euskotren, San Juan Iberdrola, á que lle sacou unha vantaxe de nove segundos. Tras delas, en terceira posición terminou Orio Babyauto cedendo 15 segundos frente ás de Errenteria. En veteráns, Telmo Deun foi o gañador por diante de Arkote, Fortuna e Zarautz.

Voltar