Novas 2011

COMPETICION

13 Xul 2011

SÁBADO DE PAIXÓN EN AUGAS CÁNTABRAS

SÁBADO DE PAIXÓN EN AUGAS CÁNTABRAS

A Liga San Miguel-Coroa Mapfre chega a Pedreña cunha igualdade que non se lembra en anos

Astillero loitará por se manter no liderado, Pedreña por se achegar á quenda de honra, e Castro e Camargo por abandonar os postos do final

Atrás fica a Semana Santa e a paixón relixiosa. Estamos en xullo, pero a Liga San Miguel-Coroa Mapfre transmite paixón. O sábado tinguirase con tintes dramáticos para as catro embarcacións cántabras que loitan na mellor liga de traíñas. Astillero gabeou até o liderado descabalgando ás que en teoría eran máximas favoritas para conseguir o título: Urdaibai e Kaiku. Os azuis remarán este sábado co alento dos seus veciños máis achegados que nunca, e quen queira tirarlle o maillot amarelo ao patrón Ugaitz Menizábal terá que sufrir abofé.

La proba comezará a las 18:00h. con la premera quenda de la Liga San Miguel. Posteriormente, tras la finalización de la regata masculina, comezará la proba feminina III Bandera Marina de Cudeyo. Los premios a dos probas se entregarán a final de la xornada. Las bandeiras han sido presentadas por Alcalde de Marina de Cudeyo, Sr. Federico Aja, o Director General de Dynasol, Sr. Salvador Ruiz e o Presidente da SDR Pedreña, Sr. Calixto Premanes.


Cita importante á súa vez para Pedreña, a traíña da casa, no seu intento de remontar o voo, e achegarse á quenda de honra, posto natural que se lle asignou en vésperas da competición calibrando o seu plantel. Cantabria manda case como Guipuzcoa este ano, e porá en liza a dúas embarcacións máis: Castro e Camargo. Os castreños dan unha de cal e outra de area, e o seu obxectivo é conseguir a regularidade que os leve cara arriba na clasificación. Camargo está inmersa en outra loita con Orio. Evitar o derradeiro posto e o descenso á liga ARC na súa estrea.

As quendas decidiranse en base á clasificación que deixaron as dúas regatas galegas. Camargo, Orio Amenabar, Castro e San Pedro Ecolmare vogarán na primeira quenda. Zumaia Altuna y Uria, Pedreña, Tirán Pereira e Hondarribia Orsa na segunda, e San Juan Iberdrola, Kaiku Ambilamp, Urdaibai Umpro Avia e Astillero na primeira. Atentos a Hondarribia, vencedora da bandeira do domingo, xa que están a só un punto de vogar na quenda de honra.

Voltar