Novas 2013
ASOCIACION
26 Xan 2013
PEDRO ANDUEZA, REELIXIDO PRESIDENTE DA ACT
O sábado 26 de xaneiro celebrouse na sede da Asociación de Clubs de Traíñas en Oiartzun a 1ª e 2ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2013 coa participación de todos os clubs pertencentes á mesma. Na segunda Orio ocupou o lugar de Zierbena como socio da ACT. Despois da Asemblea os clubs continuaron co bo ambiente da cita na Sidreria Bereziartua de Astigarraga.
Na Asemblea Ordinaria nº 1 salientaron os seguintes puntos:
· Aprobación da acta da última Asemblea celebrada en Zamudio o pasado mes de decembro.
· Aprobación das contas da Tempada 2012: Preséntanse as contas e balanzos do exercicio 2012, tras as explicacións oportunas apróbase o peche económico da tempada anterior. As contas ascenden a un total de 800.000€.
· Aprobación da xestión da Xunta Directiva na Tempada 2012: O presidente da ACT, Sr. Pedro Andueza, fai un breve resumo da tempada e apróbase.
· Ratifícase a admisión de CRO Orio AE como novo socio da Asociación de Clubs de Traíñas coa conseguinte perda da condición de asociado de Zierbena AE.
Na Asemblea Ordinaria nº 2 salientaron os seguintes puntos:
· O importe dos premios en cada bandeira ascenderá a un mínimo de 22.500€, a mesma cantidade que na tempada anterior.
· Apróbase presentar un aval de 22.500€ o 3 de maio. A aqueles clubs que non se atopen inmersos en proceso disciplinario ningún, devolveráselle o aval o 30 de setembro de 2013. De non ser así a vixencia do aval será até o 31 de abril.
· Finalmente e despois da correspondente votación, por 9 votos a favor, 2 abstencións e un voto en contra fica nomeada a nova Xunta Directiva da ACT composta por:
· Presidente: Pedro Andueza
· Secretaria: María Isabel Diago
· Tesoureiro: Miguel Bedia
· Vocal: José Manuel Sotelo
Finalmente, na Asemblea Extraordinaria apróbase o Patrocinio de “la Caixa” para os dous vindeiros anos na Liga San Miguel.