ACT TV 2015

ESPECIAL

07 Xul 2015

Os prognósticos da Liga Euskotren

Os prognósticos da Liga Euskotren

Os xornalistas falan de como ven a Liga Euskotren esta tempada

A Liga Euskotren vai dar comezo o vindeiro sábado, 11 de xullo, en augas de Pasaia, disputándose a Bandeira 'la Caixa'. O fin de semana completarase coa IV Bandeira Eusko Label na baía de San Sebastián. Estas dúas xornadas servirán, tamén, a modo de clasificatoria para decidir qué tres equipos acompañarán á actual campioa, San Juan Iberdrola, nesta Liga Euskotren 2015. As aspirantes que participarán nestas primeiras dúas xornadas son Donostia Arraun Lagunak, Cabo, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto, San Juan Iberdrola, Zarautz-Getaria e Zumaia Salegi Jatetxea Itziar.

Como xa acontecera coa Liga San Miguel, os encargados de dar a súa opinión sobre o que pode dar de si esta Liga Euskotren son Imano Arruti, de Onda Vasca; Oskar Ortiz de Guinea, do Diario Vasco; Manu Maritxalar, de Euskadi Irratia; e Roberto Ramajo, da Cadena Ser.

Voltar