Novas 2018

ESPECIAL

28 Mai 2018

Os domingos, as regatas son ás 11.45 horas

Os domingos, as regatas son ás 11.45 horas

Excepto os encontros de Bilbao e Boiro, as xornadas dominicais adiántanse 15 minutos esta tempada

A Eusko Label Liga está a pouco menos de catro semanas de arriar estachas e buscar ao longo de 19 xornadas o novo gañador da Coroa CaixaBank. Unha competición que este ano comezará o vindeiro 24 de xuño a partir das 12.00 horas en augas da ría de Bilbao, lugar onde se porá en xogo a IX Bandeira de Bilbao. Unha xornada, como vén sendo habitual, que se desputará en formato de contra o reloxo individual, saíndo en orde inversa á clasificación xeral da pasada tempada. 

Ademais, e dado o crecemento que experimentou a Liga Euskotren na presente campaña, pasando de oito a 14 xornadas, o horario nas xornadas dominicais nas que cadren a competición masculina e a feminina, adiantarase 15 minutos co fin de poder retransmitir ao vivo de forma íntegra todo o desenvolvemento da xornada. Polo que, salvo a IX Bandeira de Bilbao e a Bandeira Concello de Boiro, as xornadas de domingo, as regatas comezarán ás 11.45 horas.

Voltar