ACT TV 2020
ENTREVISTAS
02 Xul 2020
Orio Arraunketa Elkartea asume seren os favoritos
Jon Salsamendi non se agocha das voces que os sitúan como favoritos para revalidaren a Coroa CaixaBank
Orio Arraunketa Elkartea vén de fechar unha tempada 2019 perfecta na que acadaron 8 vitorias na Eusko Label Liga. Isto fai con que todas as olladas se centrasen no club ‘aguilucho’ á hora de procuraren un favorito para este verán. Jon Salsamendi, adestrador dos amarelos, sinala que “asumimos con responsabilidade e tranquilidade o favoritismo que se lle outorga ao vixente campión, non imos poder fuxir diso”.
O proxecto dos oriotarras continúa co traballo do ano pasado, do que apenas tiveron tres baixas e ao que se incorporaron “remeiros da canteira e xente que voltou a remar”.
Á hora de nomear aos seus rivais na loita pola quenda de honra, Salsamendi salienta por riba dos demais a GO fit Hondarribia, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Zierbena Bahías de Bizkaia. Para alén destes tres equipos, o técnico guipuscoano considera que os seis primeiros equipos da clasificación xeral da pasada temporada están en igual ou mellor situación que hai 12 meses.