Novas 2022

COMPETICION

13 Ago 2022

Ondarroa sorprende na súa bandeira

Ondarroa sorprende na súa bandeira Ondarroa sorprende na súa bandeira

A Antiguako Ama favoreceuse da súa vitoria na 1ª quenda para gañar e Urdaibai reforza o seu liderado tras o seu terceiro posto

Ondarroa Cikautxo sorprendeu na bandeira da casa tras conquistar a XXXVIII Ondarroako Bandera-Cikautxo SN despois de ser a máis rápida na 1ª quenda. Grazas ás condicións que se deron nas quendas posteriores, a Antiguako Ama suma a súa primeira bandeira da tempada ao palmarés. Mentres tanto, Urdaibai, que hoxe foi terceiro por detrás de Cabo, aumenta a renda na xeral con Matrix Hondarribia, que hoxe foi 4º. Pola súa banda, Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 rematou 7º na bandeira e perde puntos moi importantes de cara á loita polo título da Liga EuskoLabel. Daquela, Urdaibai mantense no máis alto da xeral con 138 puntos, frente os 134 da Ama Guadalupekoa e da Torrekua II. Cuarto é Orio Orialki con 120 puntos. 

Mentres tanto, na zona vermella da clasificación, a súa vitoria na xornada de hoxe permite a Ondarroa afastarse da zona de playoffs acadando os 58 puntos. Mentres tanto, Lekittarra Elecnor, que hoxe foi último, mantense fóra da promoción con 53 puntos. Nesta 11ª posición está Santurtzi con 52 puntos, que malia o seu quinto posto non puido superar o 2º de Cabo. Pecha a xeral Ares con 41 puntos, malia o seu sexto posto de hoxe. Con estes resultados, a primeira quenda de mañá estará composta por Getaria, Zierbena, Kaiku e Lekitarra. Na segunda estarán a Sotera de Santurtzi, Ares, Donostiarra e Orio e pecharán o día Hondarribia, Urdaibai, Cabo e Ondarroa.

Orio Orialki achégase ao título
Orio Orialki está a piques de conquistar unha nova Liga EuskoTren. As pupilas de Francisco Francés voltaron ser as mellores na xornada de hoxe na IV Ondarroako Bandera Cikautxo SN impoñendo un novo récord do campo de Ondarroa con 10:38.61,  rebaixando os 10,48 que tiña a propia embaración de Orio. A San Nikolas e Donostia Arraun Lagunak dominaron a regata dende o comezo, mais no longo de volta Orio mudou o ritmo apañando uns segundos de vantaxe que lles serviron para gañaren a bandeira en augas de Ondarroa con 3" sobre Arraun Lagunak. Por detrás, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak gañoulle a partida a Tolosaldea aterrando na meta con 5" perdidos frente os 10" das de Tolosa.

Daquela, Orio Orialki (42 puntos) consegue aumentar a renda con Arraun Lagunak (35 puntos) até os sete puntos e na xornada de mañá podería certificar unha nova Liga EuskoTren. Pola súa banda, a Torrekua II mantén a 3ª praza con 18 puntos frente os 15 de Tolosaldea. 

Voltar