Novas 2014

ESPECIAL

06 Mai 2014

Natxo Rodríguez marca o ritmo da #PlaylistDeMaio

Natxo Rodríguez marca o ritmo da #PlaylistDeMaio

O remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia prepara unha listaxe na que as diferentes variantes do metal ateigan a selección

Se no mes pasado o metal era o denominador común, na #PlaylistDeMaio de Liga San Miguel as notas dominantes chegan das vertentes máis heteroxéneas do rock, así como do metal máis clásico. O encargado de coller o testemuño de Julen Castrillon, Gabriel Ortíz e Cristian Laíño foi Natxo Rodríguez, remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia. Este portugaluxo preparou unha selección na que se combinan grandes clásicos de Metallica como 'For whom the bells' ou 'The memory remains', así como outros éxitos máis actuais como 'No more sorrow' de Linkin Park, 'Heavy Cross' de Gossip ou 'Say you will' de Evanescence.

Rodríguez tamén aborda outras correntes do metal máis descarado con un dos himnos da banda californiana Rage Against The Machine, 'Renegades of funk'. Tampouco esquece a Limp Bizkit co seu clásico 'Take a look around', canción que serviu de banda sonora para o filme Misión Imposible II. 'The pretender' de Foo Fighters, 'Self esteem' de The Offsrping ou 'Cowboys from hell' de Pantera son alguns dos temas que incluiu o vizcaíno. Salientar tamén a inclusión nesta lista de Avicii, que repite en lista, e o seu 'You make me', así como o 'Marea gora' de Koma. Esta última, tal e como explica o propio Rodríguez, retrotráeo á xa desaparecida Liga Vasca de Traíñas

#PlaylistDeMayo

1.  AC DC - Back In Black

2.  Queen - I Want It All

3.  Metallica - For Whom The Bells Tolls

4.  Foo Fighters – The Pretende

5.  Incubus – Anna Molly

6.  Evanescence - Say You Will

7.  P.O.D. - Potrait

8.  Avicii - You Make Me

9.  Nickelback – Burn It To The Ground

10. Wolfmother - Pyramid

11. Linkin Park - No More Sorrow

12. The Offspring - Self Esteem

13. Limp Bizkit – Take a look around

14. Metallica – The Memory Remains

15. Audioslave - Cochise

16. Gossip - Heavy Cross

17. Rage Against The Machine - Renegades Of Funk

18. Stone Temple Pilots - Down

19. Pantera - Cowboys From Hell

20. Koma - Marea Gora

Voltar