Novas 2023

COMPETICION

18 Set 2023

Último Longo CaixaBank: Bermeo e Portugalete

Último Longo CaixaBank: Bermeo e Portugalete

Bermeo Urdaibai recibe a Coroa CaixaBank

En Bermeo e Portugalete despediron as tempadas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Os play offs de ambas competicións deron comezo ás dúas xornadas para coñecermos ás últimas traiñeiras participantes das dúas Ligas na vindeira tempada. Posteriormente, as Bandeiras de Bermeo e El Corte Inglés-Concello de Portugalete desputáronse coas mellores oito traiñeiras da tempada, onde Bermeo Urdaibai e Zierbena Bahías de Bizkaia respectivamente ondeaban as dúas últimas bandeiras da tempada. Pola súa banda, a Bou Bizkaia recibiu a Coroa CaixaBank por novena ocasión nas 21 tempadas desputadas. 

No referido á clasificación xeral, Bermeo Urdaibai finalmente suma 204 puntos e igualou o seu récord de vitorias nunha tempada, obtido no 2018, once. Os biscaínos conseguiron a décimo primeira vitoria na regata da casa, gañando a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Bermeo Tuna World Capital SN, Bandeira que non quedaba na casa dende o 2016. 

No domingo, Zierbena Bahías de Bizkaia, gañaba a súa cuarta bandeira da tempada, vencendo na LIII GP - XLIX Bandeira El Corte Inglés- Concello de Portugalete, estabelecendo o seu novo récord de vitorias nunha tempada. Os de Dani Perez, sorprendían dende o carreiro 1, e tiraban unha vantaxe de doce segundos sobre Hondarribia, superando á Ama Guadalupekoa na segunda posición da Liga Eusko Label. 

Anteriormente, na xornada de Getaria, Gorka Aranberri, patrón de Bermeo Urdaibai, xa gañou a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank grazas aos 138 puntos obtidos na tempada, polo que o equipo biscaíno arrasou con todas as clasificacións. 

Voltar