ACT TV 2015

ESPECIAL

26 Feb 2015

Kon, a nova pel do campión

Kon, a nova pel do campión

A marca biscaina de roupa deportiva KON Sport será a encargada de vestir os líderes da Liga San Miguel e a Liga Euskotren durante as dúas vindeiras tempadas

A ACT chegou a un novo acordo e este vez repercute directamente na pel dos diferentes campions. E é que os diferentes maillotes que se reparten ao longo da Liga San Miguel -o maillote amarelo de líder e o maillote “la Caixa” ao mellor patrón- e a Liga Euskotren virán da man da empresa biscaína KON Sports. Este acordo, que se prolongará durante as vindeiras dúas tempadas, inclúe tamén a creación dunha liña deportiva da Liga San Miguel da que nas vindeiras semanas especificaranse os detalles.

A empresa Kon Sports, fundada en 1997 baixo o nome de Kirolon, está adicada dende as súas orixes ao deseño e confección de equipacións deportivas. Ao longo destes anos, os obxectivos fundamentais foron a atención personalizada aos clientes, ofrecer prendas da mellor calidade, así como a incorporación da tecnoloxía máis innovadora ao proceso de produción. Non é por acaso seren pioneros na utilización de medios dixitais para a impresión de roupa. Exemplo disto é que equipos de diferentes ámbitos deportivos como o Bilbao Basket, Club Atletismo Santutxu, Caja Rural de ciclismo ou diferentes clubs de remo como San Pedro Ecolmare, Portugalete Grupo Eulen Kaiku ProduchaZierbena Bahías de Bizkaia ou a Federación Catalá de Remo confían nesta empresa para vestir os seus equipos.

Así procedeuse esta mañá á sinatura do acordo ao que acudiron Blanca Figueroa, responsábel da marca KON Sports, así como Pedro Andueza, presidente da ACT. “Que unha empresa deportiva deste prestixio se fixe na nosa competición é moi significativo. Non hai máis que ver o historial que ten esta empresa para se decatar de que é un referente importante dentro deste sector”, sinala Andueza que tivo, en nome da Asociación, palabras de agradecemento cara a marca biscaína.

Voltar